Días Internacionais de acción 10 - 17 de outubro de 2015

Nos Días de Acción Internacional queremos enviar un sinal forte e claro en contra dos catro tratados de libre comercio e investimentos que ameazan os nosos dereitos democráticos, a soberanía alimentaria, o emprego e o medio ambiente. Estes acordos son o TTIP (Tratado de libre comercio e investimentos entre EE.UU. e a UE), o TPP (Tratado de libre comercio e investimentos transpacífico, entre EE.UU., Canadá e varios países asiáticos), o TiSA (Tratado de libre comercio e investimentos sobre servizos, varias partes) e o CETA (Tratade de libre comercio e investimentos entre Canadá e a UE). Para máis información, por favor le a nosa chamada á acción e consulta os textos e vídeos na sección de recursos.

"No mapa de arriba pódese ver onde terán lugar as actividades que se levan a cabo durante e ao redor dos Días de Acción (do 10 ao 17 outubro de
2015). Hai algunha acción planeada preto de onde estás? Se é así, únete á acción! En caso contrario, organiza o teu propio evento e engádeo ao mapa. (Fai click no símbolo “”+“”). Podes atopar actividades suxeridas aquí."

Resumo e contexto dos Días de Acción:

6 de outubro: a recolección de sinaturas para a Iniciativa Cidadá Europea Autoorganizada contra o TTIP e o CETA remata. Até o momento, recolléronse máis de 2,5 millóns de sinaturas. Se non asinaches aínda, por favor faino en https://stop-ttip.org/firmar/.
10 de outubro: Día principal de actividades - eventos descentralizados na maior parte dos países. Grandes manifestacións en estados membros da UE como Alemaña e Holanda.
13 - 17 de outubro: Non ao TTIP Camp, , Bruselas, Bélxica
14 de outubro: Días de acción polo clima en EE.UU.
15 - 17 de outubro: protestas ontra o cumio Europeo e a chegada das Marchas Europeas.

Esta web está aínda en construción, máis información pronto!


Picture : Global Justice Now CC BY 2.0