Chamada á acción

Comercio para o beneficio da xente, non das corporacións!

Non ao TTIP, CETA, TiSA e o TPP! Non á acumulación de poder corporativo!
CETA = Tratado de libre comercio entre a Unión Europea e Canadá.
TiSA = Tratado de libre comercio sobre Servizos
TPP = Tratado de libre comercio transpacífico

Nós, as organizacións da sociedade civil, sindicatos, agricultores e activistas de base de ambos os lados do Atlántico opómonos ao tratado TTIP, CETA, TiSA e TPP. Estes sinistros tratados de libre comercio ameazan a nosa democracia, servizos públicos e normas sociais e ambientais, e pon en perigo a agricultura pequena e de calidade, os estándares alimentarios e farmacéuticos, a indispensable transición ás enerxías renovables, e o noso dereito e capacidade de cambiar a sociedade para mellor. Estes acordos están deseñados para beneficiar unicamente aos intereses das grandes corporacións e lobbies e non aos intereses da cidadanía.

O movemento contra o TTIP e o CETA en Europa creceu enormemente nos últimos dous anos. O 6 de outubro, a Iniciativa Cidadá Europea contra o TTIP e o CETA completarán o seu ano con máis de 2,6 millóns de asinantes. Para celebrar este éxito e reforzar as nosas demandas, imos saír ás rúas o 10 de outubro. Ao mesmo tempo, miles de cidadáns marcharán en toda Europa, concentraranse en Bruxelas para bloquear o cumio europeo do 15 de outubro e dicir non á austeridade, á pobreza e o TTIP.

En Norte-américa, América Latina e o Pacífico, a xente está a organizarse para derrotar á Alianza Transpacífica (TPP) que se completará probablemente a finais deste ano ou a principios do 2016. Eludiranse as consultas axs cidadáns dos EE.UU. : Barack Obama obtivo recentemente o poder de aprobar estes acordos segredos pola vía rápida (Fast Track) a través do Congreso de Estados Unidos. Con todo, a xente en todos os países afectados polo TPP están a unirse como nunca antes para concentrar accións que deteñan a globalización corporativa e construír relacións políticas, económicas e sociais baseadas na xustiza e non na cobiza.

A ambos os dous lados do Atlántico, vimos nas últimas décadas unha transferencia masiva de poder público aos intereses privados, unha tendencia á liberalización económica e financeira, crecentes desigualdades, pobreza e destrución do medio ambiente. O TTIP, o CETA, o TISA e o TPP son intentos de facer estas decisións erróneas irreversibles. A nosa loita para pór fin a estes acordos segredos, por
tanto, resoa cos movementos sociais contra a austeridade, contra o cambio climático e pola xustiza social.

Do 10 ao 17 de outubro, úneche ás marchas e ás manifestacións masivas ou organiza as tuas propias accións locais ao redor de toda Europa e Norte-américa. Non ao TTIP, CETA, TiSA e TPP! Non á acumulación de poder corporativo!
Loitamos pola igualdade, os dereitos sociais e laborais, a xustiza climática e a democracia real.
Únete.


Únete á listaxe de correo do Día de Acción Internacional para estar ao día. Envía un mail a 18a-subscribe@lists.riseup.net para rexistrarte.

  • Os grupos están convidados a traducir e adaptar a chamada á acción para a súa propia mobilización.
  • Cada grupo pode elixir os días que mellor conveñan para realizar a acción