FAQ

Que son os Días de Acción Internacional?

Os Días de Acción Internacional sobre os acordos de comercio e de investimento terán lugar en moitos lugares de todo o mundo. Foron lanzados por unha alianza internacional de movementos de base e organizacións da sociedade civil (aquí a ligazón para ver as organizacións que participan).

Porque debemos actuar?

Os Acordos de Comercio e de Investimento como o CETA (Tratado de libre comercio entre a Unión Europea e Canadá), TTIP ( Tratado Transatlántico de Comercio e Investimentos entre os Estados Unidos e a Unión Europea) ou o TPP (Tratado de libre comercio transpacífico entre os EEUU, Canadá e a Unión Europea) ameazan os nosos estándares sociais e ambietales, os nosos servizos públicos e millóns de postos de traballo. Agora é o momento de actuar todxs xuntxs e parar estes acordos antidemocráticos. Para máis información podes ler a nosa chamada á acción e as informacións sobre diferentes temáticas no apartado de recursos.

Que podo facer eu para sumarme á acción?

Se non hai ningún evento organizado preto da túa casa, podes apoiar os Días de Acción organizando o teu propio evento. Hai moitas cousas que podes facer. Organiza un evento público ou unha manifestación. Aquí recollemos algunhas ideas pero quizais ti teñas unha mellor.

Quen está detrás desta iniciativa?

Somos unha rede de activistas que creamos esta web para coordinar as actividades durante a semana de acción. Ningún dos eventos mostrados no mapa están organizados por nós, simplemente proporcionamos o espazo para que a xente comparta ideas, colabore e faga que a semana de Acción sexa un gran éxito.

Son xornalista, con quen podo contactar?

Non temos un equipo de medios para responder preguntas. Recomendámosche que te poñas en contacto co/a responsable de prensa dunha das nosas organizacións de apoio.